viernes, 23 de mayo de 2008

Palillada da catexa


Cando tiña dezaseis anos no inverno íamos ás palilladas de noite . Ata as doce nas palilladas había xente nova pero tamén tiña que haber como mínimo dúas persoas maiores .
A palillada chamábase Palillada da Catexa . Sentábamonos no chan e tiñamos un banco para apoiar a almofada e os mozos tiñan un banco enfrente e cando se pasaban falando as persoas maiores poñíanos fora para que cando volveran se portaran mellor .
Tamén cando nos deixaban íamos de entroido vestidas como disfrazadas . Había unha señora que tiña familia en Estados Unidos e tiña moita roupa que lle mandaban e nós íamos que nola deixara para vestirnos .Íamos as outras palilladas e non nos coñecían porque íamos cun pau na man para que non nos tocaran e petábamos na porta e tiñamos que dicir "luslus" entón empezaban a tocar a pandeireta para bailar , e así, por todas as palilladas igual .

No hay comentarios: