jueves, 22 de mayo de 2008

De cativa cos palillos

Ola chámome Dolores e nacín en Xaviña pero aos catro meses vin para camariñas .
O meu contacto co palillo foi aos seis anos . Miña nai sabía palillar e foi ela quen me ensinou a pasar os pares , como eu non quería que prefería xogar pegábame nas mans e así fun aprendendo . Despois aos dez anos fun a unha palillada que había pola falange . Nesa palillada había dúas señoras de Camariñas que eran as profesoras e o encaixe que facíamos era para a falange .Cando eramos moi malas de aprender ameazábannos ca corna da almofada aínda que tamén nos daban de merendar chocolate e un bolo de pan .

No hay comentarios: