Facer deseños por ordenador sería moi interesante e tamén vender por1ue o ordenador foi un invento moi importante .
Aquí en Camariñas faise a feira de mostras todos os anos e iso eu véxoo moi ben porque hai pase de modelos e pódese colocar en toda clase de deseños e iso hai moitos anos non se nos pasaba pola imaxinación xa que para vender o encaixe chegaban ata México .
viernes, 30 de mayo de 2008
miércoles, 28 de mayo de 2008
O Simona
O simona é un encaixe moi antigo, eu comecei a facelos cando tiña catorce anos porque era o encaixe que a señora que mos mercaba era o que máis vendía entón como o fixen tanto tempo ainda que faga outros nas mesmas horas gaño menos , por eso os fago , sen embargo no campo do palillo e moi amplio porque o que sabe facer un pañuelo con zurzidos case sabe facer todo tipo de encaixe , pero cando somos maiores tamén nos sirve de rélax sen apurar moito .
O encaixe da fotografía é un simona que fixen eu .
martes, 27 de mayo de 2008
Porque desapareceron as palilladas ?
Desapareceron porque evolucionamos : Chegou a televisión e outras cousas como cursillos , a xente emigrou para América e tamén para outros lugares como Barcelona, Madrid ...e os nenos tiñan máis escola e había que levalos e ir buscalos e asi , o tempo que tiñamos facianos falta .
viernes, 23 de mayo de 2008
Palillada da catexa
Cando tiña dezaseis anos no inverno íamos ás palilladas de noite . Ata as doce nas palilladas había xente nova pero tamén tiña que haber como mínimo dúas persoas maiores .
A palillada chamábase Palillada da Catexa . Sentábamonos no chan e tiñamos un banco para apoiar a almofada e os mozos tiñan un banco enfrente e cando se pasaban falando as persoas maiores poñíanos fora para que cando volveran se portaran mellor .
Tamén cando nos deixaban íamos de entroido vestidas como disfrazadas . Había unha señora que tiña familia en Estados Unidos e tiña moita roupa que lle mandaban e nós íamos que nola deixara para vestirnos .Íamos as outras palilladas e non nos coñecían porque íamos cun pau na man para que non nos tocaran e petábamos na porta e tiñamos que dicir "luslus" entón empezaban a tocar a pandeireta para bailar , e así, por todas as palilladas igual .
jueves, 22 de mayo de 2008
De cativa cos palillos
Ola chámome Dolores e nacín en Xaviña pero aos catro meses vin para camariñas .
O meu contacto co palillo foi aos seis anos . Miña nai sabía palillar e foi ela quen me ensinou a pasar os pares , como eu non quería que prefería xogar pegábame nas mans e así fun aprendendo . Despois aos dez anos fun a unha palillada que había pola falange . Nesa palillada había dúas señoras de Camariñas que eran as profesoras e o encaixe que facíamos era para a falange .Cando eramos moi malas de aprender ameazábannos ca corna da almofada aínda que tamén nos daban de merendar chocolate e un bolo de pan .

Suscribirse a:
Entradas (Atom)